En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 5 casos activos de Covid, 2 máis que onte

Dese total 4 deles están no concello do Barco e 1 en Rubiá, que ata agora estaba libre de virus

Imaxe da avenida Conde Fenosa no Barco./ Foto: A.R.

 

Leve ascenso nos actos activos en Valdeorras. Neste martes de 6 xullo son 5 positivos os rexistrados na comarca, 2 máis que onte. O Barco rexistra 4 casos, o que supón 1 máis que onte, segundo os datos do Sergas. Ademais o concello de Rubiá, que ata o de agora estaba libre de virus, ten 1 positivo.

O resto de municipios continúan libres de virus.

Non se rexistran ingresos no Hospital Público de Valdeorras. Na provincia son 4 as hospitalizacións en planta, todas elas no Hospital Universitario de Ourense.

331 casos activos na provincia

Onde si está producindo un incremento importante de casos é na provincia, con cifras que segundo os últimos datos (actualizados ás 18h. do 5 de xullo) ascenden a 336 positivos, 25 máis que onte. “Seguimos subindo, este dato significa ter duplicado os casos nos últimos 10 días”, asegura o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial, quen ademais pon o foco en tres concellos concretos.

“Hai tres municipios onde as cifras sobresaen que son os de Ourense con 194 positivos (o 60% do total da provincia), 20 en Ribadavia e 18 en Barbadás. O perfil segue sendo o de menores de 30 anos en máis do 50% dos casos, polo tanto o impacto asistencial é pequeno, son persoas sanas sen factores de risco, que están asintomáticos ou con pouca sintomatoloxía”, explicaba Rubial.

Ademais o xerente da área ourensá referíase a que continúa o proceso de vacinación a bo ritmo.

Artigos relacionados

Back to top button