ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras rexistra 53 casos activos de Covid, 42 deles no Barco

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Tras unha xornada de estabilidade, O Barco volve rexistrar un incremento de casos activos de Covid. Así este municipio ten un total de 42 positivos, o que supón 6 máis que onte (datos actualizados ás 18h. de onte).

Ademais dos positivos do Barco, en Valdeorras hai outros 11 casos activos: 1 no Bolo (a mesma cifra que onte), 3 en Carballeda (1 máis que onte), 3 na Rúa (a mesma cifra que onte), 1 en Rubiá (1 máis que onte) e 2 na Veiga (a mesma cifra que onte), segundo os datos facilitados polo Sergas aos Concellos.

 

Artigos relacionados

Back to top button