A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras rexistra 55 casos activos por Covid, 3 menos que onte

O único municipio no que soben os positivos é Vilamartín que ten 2, 1 máis que onte

Imaxe do Barco, onde se rexistran 2 positivos menos que onte, o que supón un total de 25 casos./ Foto: A.R.

 

Despois dunha xornada de estibilidade no número de casos activos de Covid en Valdeorras, neste 22 de abril os datos amosan un lixeiro descenso. Así a comarca pasa dos 58 positivos de onte a un total de 55, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas.

No referente ao Barco o concello tiña onte 27 positivos e hoxe quédase en 25, 2 menos. Tamén descende a curva en Carballeda de Valdeorras que tiña 21 e agora pasa a 20 positivos. Así Rubiá rexistra 1 positivo menos que onte e quédase en 2.

Pola contra, os casos activos experimentan un pequeno aumento en Vilamartín, que onte tiña 1 positivo e hoxe presenta 2.

No relativo a Petín e A Rúa, ambos municipios continúan con 3 casos activos cada un deles.

 

Artigos relacionados

Back to top button