A RúaCarballedaConcellosO BarcoPetínRubiáÚltima horaVilamartín

Valdeorras rexistra 56 casos de Covid tras 1 novo positivo en Vilamartín

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Leve aumento de casos activos de Covid en Valdeorras. Así a comarca pasa dos 55 positivos de onte a un total de 56, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas. O incremento débese a un novo caso activo no municipio de Vilamartín, que xa suma un total de 3.

No referente ao Barco o concello segue con 25 positivos. Tamén se mantén estable a curva en Carballeda de Valdeorras con 20 positivos.

Así mesmo repítense os datos en Rubiá con 2 e en Petín e A Rúa, ambos municipios continúan con 3 casos activos cada un deles.

Outra das novidades desta xornada é que o Hospital Público de Valdeorras non rexistra ningún ingreso por Covid-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button