ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 67 casos activos de Covid, 2 máis que o pasado martes

O Barco de Valldeorras./ Foto: A.R.

 

Leve repunta nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 67 positivos de Covid, o que supón 2 máis que o pasado martes 31 de maio, segundo os datos que vén de publicar a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Os contaxios activos rexistran unha lixeira suba no Barco con 34 positivos (1 máis que o pasado martes), en Petín, que ata agora estaba libre de virus, e hoxe presenta 1 positivo; e na Veiga con 4 positivos (1 máis que o pasado martes). Por contra, os casos baixan en Rubiá con 3 (1 menos que o martes).

Os datos mantéñense no Bolo con 1 positivo, en Carballeda con 1 positivo, na Rúa con 20 positivos e en Vilamartín con 3 positivos, mentres que Larouco continúa libre de virus.

En canto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 ingresos en planta por Covid.

 

Artigos relacionados

Back to top button