En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 831 casos activos de Covid, 15 máis que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Mantense, aínda que de forma máis leve, o aumento na cifra de casos activos de Covid en Valdeorras. Así, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade neste martes (actualizados ás 18h. de onte), a comarca suma 831 casos activos de coronavirus, o que supón 15 máis que onte.

Os contaxios activos soben en cinco concellos: O Barco ten 457 positivos (4 máis que onte), O Bolo 29 positivos (1 máis que onte), Carballeda 28 positivos (1 máis que onte), A Rúa 112 (5 máis que onte) e Vilamartín 34 positivos (5 máis que onte).

Os casos activos mantéñense igual que onte en Larouco con 70 positivos, en Rubiá con 63 e na Veiga con 16. O único concello no que se rexistra unha baixada é Petín, que pasa a 22 positivos (1 menos que onte).

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 11 ingresos en planta por Covid, 3 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button