ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 86 casos de Covid, 5 menos que onte

O Barco./ Foto: A.R.

 

Continúan baixando os casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 86 positivos, 5 menos que onte, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

O único concello que experimenta unha leve suba de casos é Rubiá con 5 positivos, 1 máis que onte. Por contra, os contaxios activos descenden no Barco con 49 positivos (4 menos que onte), en Carballeda de Valdeorras con 2 positivos (1 menos que onte) e en Vilamartín con 6 positivos (1 menos que onte).

Os datos continúan igual que onte no Bolo con 1 positivo, na Rúa con 22 positivos, na Veiga con 1 positivo, mentres que Larouco e Petín seguen libres de virus.

No relativo a hospitalización, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 5 ingresos en planta por Covid, un máis que onte, segundo os datos de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button