En portadaÚltima hora

Valdeorras rexistra 9 casos activos de Covid

Imaxe do centro do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen baixando os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra 9 positivos de coronavirus, 1 menos que o domingo 13 de xuño, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No Barco contabilízanse 8 positivos, a mesma cifra de onte, cunha incidencia acumulada que para este concello que continúa en >10 e ≤25 a sete días; e baixa a >25 e ≤50 a catorce días.

Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo, mentres que Vilamartín, que ata agora tiña 1 caso activo, queda libre de virus. O resto dos concellos da comarca seguen así mesmo libres de virus.

Por outra banda, tan só hai 1 caso activo de Covid nos centros escolares na comarca, trátase de 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button