ConcellosÚltima hora

Valdeorras rexistra 90 positivos de Covid, 54 menos que o venres

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Descenso nos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra neste martes un total de 90 positivos, o que supón 54 menos que o pasado venres, cando a Consellería de Sanidade facía públicos os anteriores datos.

Os datos baixan en todos os concellos que tiñan contaxios activos. Así O Barco contabiliza 40 positivos (39 menos que o pasado venres), Carballeda ten 6 positivos (1 menos que o venres), A Rúa conta con 16 positivos (7 menos que o venres), Rubiá 5 (2 menos que o venres), A Veiga 3 (3 menos que o venres) e Vilamartín 15 (2 menos que o venres).

No caso do Bolo repítense os datos do paso venres, xa que o concello continúa con 5 positivos.

Ademais os municipios de Petín e Larouco continúan libres de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button