CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Valdeorras rexistra dous incendios, un deles nunha casa, posiblemente causados por raios

 

Os raios das tormentas que está tarde está a rexistrar Valdeorras parecen ser os causantes de dous incendios en diferentes puntos. Así, arredor das 18:20h. un posible raio provocaba un incendio nunha casa e nunha palleira na localidade de Carballeda de Valdeorras, moi preto da igrexa, segundo informa o 112 Galicia.

 

 

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio a esa hora a través de varias persoas particulares e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos bombeiros do GES de Valdeorras, dos bombeiros do parque comarcal, dos axentes da Garda Civil e tamén de medios forestais, e así achégaronse varias brigadas e 2 motobomba para colaborar na extinción do lume.

“Concretamente, o lume ten lugar no Barrio de Baixo, moi preto da igrexa de Carballeda e, ante a posibilidade de que o incendio se propagase ás vivendas próximas, os medios de extinción interviñeron para desaloxar estas casas, sen que se producisen danos persoais”, segundo o 112 Galicia.

 

 

Así os servizos de emerxencia desaloxaron ás casas lindeiras á palleira e á casa na que se declarou un incendio, que, arestora, os equipos desprazados manteñen controlado.

 

 

 

Apenas unha hora despois, arredor das sete, declarábase outro incendio, desta volta forestal, no Monte Malvela no municipio de Rubiá, provocado, posiblemente por un raio.

Fotos e vídeo cedidos. Grazas ás persoas que nos cederon ás súas imaxes.

Fume do incendio de Rubiá./ Cedida.

 

 

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button