SanidadeÚltima hora

Valdeorras segue concentrándose en defensa da sanidade pública

Repetíase a escea á entrada do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) no Barco. Na tarde do 17 de xuño centos de persoas volvían a concentrarse ante a entrada principal deste centro para defender a “sanidade pública e o mantemento dos servizos, tanto no HCV como os centros de saúde, que compoñen esta área sanitaria”, segundo os convocantes.

Neste acto reinvindicativo aludíase “á redución da plantilla” do hospital valdeorrés nos últimos catro anos, ao peche de camas, a á perda de dous fisioterapeutas ou a contratacións “en precario”.

As revindicacións continuarán mañá 18 de xuño cun novo acto que terá como escenario, desta volta, o Paseo do Malecón do Barco. Os fisioterapeutas do hospital sacarán á rúa as súas padiolas a partires das oito da tarde “en protesta pola supresión de dúas prazas” neste servizo, segundo se adianta dende a CSI-F. Este acto contará co apoio do Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia e da Xunta de Persoal do HCV.

Artigos relacionados

Back to top button