ConcellosÚltima hora

Valdeorras seguirá mobilizándose polos seus xulgados

Continúan as concentracións en defensa do partido xudicial do Barco cada xoves
Concentración celebrada o xoves 25 de setembro ante os xulgados barquense,/ Foto: Ángeles Rodríguez.
Concentración celebrada o xoves 25 de setembro ante os xulgados barquense./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Non hai cambios nas mobilizacións. A demisión do ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón non modifica, polo de agora, as cousas no que ao anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial, de aí que se continúe coa reivindicación. “Á diferencia do que sucedeu co da reforma do aborto, sobre este outro anteproxecto non se ten dito nada, co cal primero teremos que esperar un período para que, unha vez que tome posesión o novo ministro, se pronuncie sobre o tema”, explicaba o voceiro da Plataforma en defensa do Partido Xudicial de O Barco, na concentración celebrada no mediodía do 25 de setembro fronte aos xulgados desta vila.

Nesta concentración tamén se daba conta dos asuntos tratados na coordinadora de plataformas da provincia, que mantiña unha xuntanza hai uns días. “Aí tamén se acordou manter o espírito da reivindicación mentres o ministerio non tome unha decisión ao respecto”, indicaban dende a plataforma valdeorresa.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button