DeportesÚltima hora

Valdeorras será o epicentro do V Desafío 42 Ourense Termal que se celebrará en maio

A Veiga acollerá a carreira de 6 km, O Barco a nocturna de 15 e A Rúa a media maratón
Un atleta nunha carreira na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Veiga, A Rúa e O Barco de Valdeorras. Son os concellos nos que se celebrarán as tres carreiras que conforman a V edición do Desafío 42 Ourense Termal, que se disputará os días 19 e 20 de maio.

Ás 12:30h. da mañá do sábado 19 abrirase esta edición cun 6 km no concello da Veiga, un percorrido rompepernas con saída e meta diante da Casa do Concello. Inscricións enhttps://championchipnorte.com/…/6k-concello-de-a-veiga-v-d3…

Ese mesmo día pero pola tarde (20h.)  en plenas Festas de Santa Rita, O Barco de Valdeorras acollerá unha nocturna de 15 km. Inscricións en: https://championchipnorte.com/…/15k-nocturna-de-o-barco-v-d…

A terceira e última proba será a media maratón (21 km) que se celebrará o domingo 20 de maio na Rúa a partires das 10:30h. Será o prato forte desta edición con carreiras de cativos previamente no centro da vila. Inscricións en: https://championchipnorte.com/…/media-maraton-de-a-rua-v-d3…

 

Artigos relacionados

Back to top button