En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 10 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Vista da vila do Barco dende Viloira./ Foto: A. R.

 

Leve descenso nos casos de casos activos de Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra hoxe un total de 10 positivos de coronavirus, 1 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Así, O Barco suma 8 positivos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada de >10 e ≤25 a sete días; manténdose en >25 e ≤50 a catorce días.

Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo, mentres que Vilamartín de Valdeorras tamén segue con 1 positivo. O resto dos concellos da comarca seguen libres de Covid.

Artigos relacionados

Back to top button