ConcellosÚltima hora

Valdeorras sitúase en 188 casos activos de Covid, 8 menos que onte

Ningún municipio rexistra aumenta de positivos, mentres que as cifras baixan no Barco, Vilamartín, Rubiá e A Veiga

Panorámica de Vilamartín.

 

Volven baixar os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 1 de agosto un total de 188 casos activos de Covid, o que supón 8 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Ningún municipio rexistra aumento de casos nesta xornada. Ademais baixan os positivos no Barco con 122, 5 menos que onte; en Rubiá con 6 positivos, 1 menos que onte; na Veiga con 4 positivos, 1 menos que onte; e en Vilamartín con 11 positivos, 1 menos que onte.

No resto de municipios mantéñense as cifras de onte, así en Larouco 5 positivos, no Bolo 4 positivos, en Petín con 2 positivos, en Carballeda 3 e na Rúa 31.

1.871 casos activos na provincia

Caída tamén de casos activos na provincia de Ourense, que rexistra un total de 1.871 casos activos, o que supón 112 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button