ConcellosÚltima hora

Valdeorras sitúase en 227 casos activos de Covid, 8 máis que onte

Soben os positivos no Barco, Vilamartín e Carballeda, mentres baixan en Rubiá e na Veiga

Panorámica de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

 

Novo ascenso de positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste 22 de xullo un total de 227 casos activos, o que supón 8 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

No Barco son 186 os positivos, o que significa unha suba de 8 casos con respecto á xornada de onte. Tamén medra o número de casos activos en Vilamartín que rexistra 15 positivos, 1 máis que onte; o mesmo que en Carballeda de Valdeorras que sobe a 6 positivos, 1 máis que onte.

Mantéñense as cifras de onte na Rúa que rexistra 10 positivos, en Petín con 2 e en Larouco con 1. No caso da Veiga baixan os casos, xa que agora rexistra 3, 1 menos que onte; o mesmo sucede en Rubiá que contabiliza 4, 1 menos que onte.

O único concello da comarca que segue libre de virus é o do Bolo.

A provincia de Ourense rexistra un total de 2.285 casos activos, o que supón 104 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button