ConcellosÚltima hora

Valdeorras sitúase en 230 casos activos de Covid, 7 máis que onte

Panorámica da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mantense a tendencia de ascenso nos positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca ten neste 26 de xullo un total de 230 casos activos, o que supón 7 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 25 de xullo.

Logo de tres días consecutivos de baixa, volven subir os casos no Barco con 173 positivos, 7 máis que onte. Medra tamén o número de casos activos na Rúa, con 21 positivos, 1 máis que onte; en Larouco con 2 positivos, 1 máis que onte; e en Rubiá con 4, 1 máis que onte.

Por contra, baixan os casos en Vilamartín que rexistra 16 positivos, 2 menos que onte; e en Carballeda con 5, 1 menos que onte.

Os datos mantéñense igual que na pasada xornada na Veiga con 5 positivos, en Petín con 2 e no Bolo con 2.

A provincia de Ourense rexistra un total de 2.275 casos activos, o que supón 86 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button