A RúaConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVilamartín

Valdeorras sitúase en 24 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Vista da vila do Barco dende Viloira./ Foto: A. R.

 

Leve descenso na curva do coronavirus en Valdeorras. Neste luns 7 de xuño rexístrase 24 casos activos na comarca, 1 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Barco contabilízanse 19 positivos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días.

No resto de concellos da comarca mantéñense os datos de onte: Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo, mentres que A Rúa e en Vilamartín de Valdeorras continúan, cada un deles, con 2 positivos. O resto dos concellos da comarca continúan libres de virus.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras continúa mantendo 2 ingresos en planta por coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button