ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras sitúase en 25 casos activos de Covid, 1 menos que onte

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen baixando, aínda que lentamente, os positivos de Covid na comarca de Valdeorras. Neste sábado son 25 os casos activos, 1 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco contabilízanse 21 positivos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. Na Rúa e en Vilamartín de Valdeorras mantéñense os datos de datos de onte, con 2 positivos en cada un destes municipios. O resto dos concellos da comarca continúan libres de virus.

5 positivos de Covid nos centros educativos

Os centros educativos da comarca de Valdeorras rexistran hoxe 5 casos activos de Covid, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia nesta xornada, son os mesmos datos que onte. No Barco o CEIP Condesa de Fenosa ten 2 positivos e o CEIP Julio Gurriarán segue con 1 positivo.

Na Rúa, o CEIP Manuel Respino conta con 1 positivo e o IES Cosme López tamén con 1 positivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button