En portadaÚltima hora

Valdeorras sitúase en 85 casos activos de Covid, 17 máis que o martes

O concello onde máis medran os positivos é A Rúa, con 20 casos, 13 máis que o martes

 

Volven subir os casos activos de Covid-19 en Valdeorras. Así, a comarca ten neste 9 de decembro un total de 85 (17 máis que o pasado martes, cando a Consellería de Sanidade facilitaba os anteriores datos, xa que nas fins de semana e festivos non se comunican), segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Os municipios que rexistran aumento de casos son O Bolo con 3 positivos (1 máis que o martes), Carballleda de Valdeorras con 2 positivos (1 máis que o martes), Larouco con 6 (1 máis que o martes),  A Rúa con 20 (13 máis que o martes) e A Veiga con 17 (2 máis que o martes). Por contra, baixan os casos en Vilamartín, con 1 positivos (1 menos que o martes).

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Por outra banda, a cifra de casos activos mantense estable no Barco con 32 positivos (os mesmos que o martes) e en Petín con 4 positivos.

O único concello da comarca que se mantén libre de coronavirus continúa sendo Rubiá.

En canto aos ingresos por Covid, o Hospital Público de Valdeorras segue con 2 ingresos en planta, os mesmos que o pasado martes.

Artigos relacionados

Back to top button