ConcellosÚltima horaVilamartín

Valdeorras sitúase en 93 casos activos de Covid, 8 máis que onte

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de ascenso nos casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 93 positivos, o que supón 8 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 12 de xullo.

No referente ao Barco, soben a 78 os positivos, o que supón 7 máis que onte. Tamén ascenden os casos en Vilamartín que pasa de 4 a 5 (1 máis que onte); A Rúa rexistra 3 positivos (os mesmos que onte) e en Carballeda de Valdeorras hai 1 positivo (mesma cifra que onte).

No caso de Rubiá mantense estable con 4 positivos, os mesmos que onte. Tamén na Veiga se manteñen nos 2 positivos, igual que onte.

O resto dos concellos de Valdeorras continúan libres de virus e no Hospital de Valdeorras non se rexistran ingresos por Covid, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button