A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoRubiáÚltima hora

Valdeorras sobe a 46 casos activos de Covid, 22 deles no Barco e 17 en Carballeda

No caso da Rúa soben a 4 positivos, son 2 máis que os rexistrados onte

 

Continúa medrando a curva do coronavirus en Valdeorras. Segundo os datos comunicados polo Sergas neste mércores 14 de abril son un total de 46 os positivos contabilizados, o que supón 9 máis que onte.

No caso do Barco rexístranse 22 casos activos, 2 máis que onte. En canto á incidencia acumulada para este concello está entre >125 e ≤ 250 a 7 días; e entre >50 e ≤150 a 14 días , segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Pero nesta xornada a curva medra especialmente no municipio de Carballeda de Valdeorras que pasa de 12 a 17 casos, é dicir, 5 máis que onte. A súa incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de >250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tamén se duplican os casos na Rúa, que pasa de 2 a 4 positivos. A súa incidencia acumulada a 14 días é de >25 e ≤50.

Fonte: Consellería de Sanidade.

No caso de Rubiá mantense a cifra de 3 positivos. O resto dos concellos da comarca non rexistran casos, cunha incidencia acumulada a 14 días de >150 e ≤250.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button