ConcellosÚltima hora

Valdeorras suma 104 casos activos de Covid, 1 máis que onte

Panorámica de Vilamartín.

 

Repuntan de forma leve os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Neste 25 de agosto a comarca rexistra un total de 104 casos activos, o que supón 1 máis que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas e actualizados ás 18h. de onte.

Os concellos que soben en casos activos son O Bolo, que ata o de agora estaba libre de virus, e hoxe rexistra 1 positivo; e Vilamartín con 6, 2 máis que onte.

Por contra, baixan os casos activos no Barco con 50 positivos, 1 menos que onte; e na Rúa con 28 positivos, 1 menos que onte.

O resto dos concellos repiten os datos de onte: A Veiga segue con 13 positivos, Carballeda de Valdeorras ten 3 positivos, Larouco ten 2 positivos e Rubiá 1 positivo. O concello de Petín mantense libre de virus.

37 ingresos por Covid na provincia, 2 máis que onte

Remonta tamén o número de ingresos por Covid-19 na provincia, cun total de 37, 2 máis que onte, segundo a Consellería de Sanidade (datos ás 18h. de onte). Así no Hospital Público de Valdeorras segue habendo 5 persoas hospitalizadas en planta por coronavirus, as mesmas que onte.

No Hospital Universitario de Ourense hai 23 en planta, 4 máis que onte, e 7 na UCI, 1 menos que onte. No Hospital de Verín hai 2 ingresos en planta, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button