En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 167 casos activos de Covid, 19 máis que onte

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Volven subir os casos activos por Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 167 positivos, 19 máis que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Destaca o aumento no Barco, con 95 contaxios activos, 21 máis que onte. Tamén soben, aínda que maneira máis leve, na Rúa con 26 positivos (2 máis que onte) e na Veiga con 9 (1 máis que onte).

En cambio, as cifras descenden en Petín con 1 positivo (1 menos que onte), en Rubiá con 3 positivos (3 menos que onte) e en Vilamartín con 25 positivos (1 menos que onte).

Ademais, os datos manteñense igual que na pasada xornada no Bolo con 5 positivos, en Carballeda con 3 positivos e en Larouco, que continúa libre de coronavirus.

Con respecto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras, no Barco, rexistra 6 ingresos en planta por Covid, a mesma cifra de onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button