ConcellosÚltima hora

Valdeorras suma 223 casos activos de Covid, 3 máis que onte

Medran os casos na Rúa e en Vilamartín, mentres baixan no Barco

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Volven subir, aínda que de xeito lixeiro, os positivos de Covid en Valdeorras. Así, a comarca ten neste 25 de xullo un total de 223 casos activos, o que supón 3 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 24 de xullo.

Medra o número de casos activos na Rúa, con 20 positivos, 4 máis que onte;  e tamén en Vilamartín que rexistra 18 positivos, 1 máis que onte.

Os datos mantéñense igual que onte en Carballeda de Valdeorras con 6 positivos, na Veiga con 5 positivos, en Rubiá con 3, en Petín con 2, no Bolo con 2 e en Larouco con 1.

Por outra banda, descenden os casos  polo Barco, que rexistra 166 positivos, o que supón 2 menos que onte.

A provincia de Ourense rexistra un total de 2.361 casos activos, o que supón 20 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button