ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras suma 35 casos activos de Covid, 20 deles no Barco

Unha das rúas do centro do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen aumentando as cifras de casos activos de coronavirus en Valdeorras, que rexistra un total de 35 positivos, 9 máis que onte. Máis da metade destes positivos sitúanse no municipio do Barco, cun total de 20 casos, o que supón 7 máis que os comunicados onte polo Sergas.

No Barco non se acadaban cifras semellantes de contaxios dende o pasado 17 de febreiro.

En canto á incidencia acumulada para este concello a 14 días sitúase entre >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Así mesmo prodúcese un lixeiro aumento nos casos no concello de Carballeda de Valdeorras con 11 positivos, 2 máis que onte. Deste xeito este municipio presenta unha incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de >250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Este concello valdeorrés entraba ás 00h. deste luns en nivel máximas restricións, con peche perimetral, prohibición de reunión de non conviventes (tanto en exterior como en interior) e peche da hostalaría, entre outras medidas.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Polo demais, no resto da comarca mantéñense os datos de onte: 1 caso activo no concello da Rúa e 3 casos no de Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button