SanidadeÚltima hora

Valdeorras suma 37 positivos por Covid

 

Medra a curva de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 20 positivos, o que supón 9 máis que onte, segundo datos actualizados ás 18h. do 7 de xullo.

No referente ao Barco, son 31 os casos, o que supón 17 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 8 de xullo.

Ademais o concello de Rubiá contabiliza 3 positivos, A Veiga continúa con 1 positivo, A Rúa segue con 1 positivo e Vilamartín con 1 positivo. Nestes catro concellos repítense os datos da xornada de onte.

O resto de municipios continúan libres de virus. Non se rexistran ingresos por Covid no Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button