A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras suma 52 positivos por Covid, tras 1 novo caso no Barco e outros 2 en Carballeda

Unha das rúas do Barco.

 

Continúa cun leve incremento a curva do coronavirus en Valdeorras, que sobe ata os 52 positivos, 3 máis que onte, segundo comunica o Sergas neste luns 19 de abril. Este incremento débese a 2 novos casos activos en Carballeda de Valdeorras, que suma xa un total de 19, xa que ata agora tiña 17. A incidencia acumulada a 14 de días deste municipio é de máis de 500, mentres que é de menos de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

No referente ao Barco suma 1 novo positivo, pasando a ter 24 casos activos, cunha incidencia acumulada que se mantén entre >75 e ≤ 125 a 7 días, e entre >150 e ≤250 a 14 días, segundo Sanidade.

Petín continúa con 3 casos activos e tamén mantense a incendencia acumulada deste concello a 7 días de >125 ≤250 e a 14 días de >150 e ≤250, segundo a Consellería de Sanidade.

Así mesmo A Rúa segue con 3 casos activos, igual que os 3 últimos días, sendo a súa incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150. O mesmo sucede en Rubiá, que continúa con 3 casos activos de coronavirus cunha incidencia acumulada a menos de 10 a 7 días e máis de 150 e menos de 250 a 14 días.

Artigos relacionados

Back to top button