En portadaÚltima hora

Valdeorras suma 58 positivos por Covid, tras 3 novos casos no Barco, 2 en Carballeda e 1 en Vilamartín

 

Seguen medrando os casos de coronavirus en Valdeorras, que sobe ata os 58 positivos, 6 máis que onte, segundo comunica o Sergas neste martes 20 de abril. Este incremento débese a 3 novos casos no Barco, que ata agora tiña 24 positivos e agora rexistra 27, cunha incidencia acumulada que baixa e sitúase entre >25 e ≤ 75 a 7 días, e que se mantén entre >150 e ≤250 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Tamén se comunican 2 novos casos activos en Carballeda de Valdeorras, que suma xa un total de 21, xa que ata agora tiña 19. A incidencia acumulada a 14 de días deste municipio é de máis de 500, mentres que é de máis de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Ademais Vilamartín de Valdeorras, que ata agora estaba libre de Covid, rexistra 1 positivo. A súa incidencia acumulada a 7 días é de ≤ 10 e a 14 días a ≤ 25.

Petín continúa con 3 casos activos e tamén mantense a incendencia acumulada deste concello a 7 días de >250 e a 14 días de >250 e ≤500, segundo a Consellería de Sanidade. Así mesmo A Rúa segue con 3 casos activos, igual que os 3 últimos días, sendo a súa incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150. O mesmo sucede en Rubiá, que continúa con 3 casos activos de coronavirus cunha incidencia acumulada a menos ou igual de 10 a 7 días e máis de 150 e menos ou igual de 250 a 14 días.

Artigos relacionados

Back to top button