SanidadeÚltima hora

Valdeorras súmase á celebración do Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Concellos como A Rúa ou O Barco locen grandes lazos rosas feitos con globos na fachada


Por iniciativa da Organización Mundial da Saúde, o 19 de outubro celébrase mundialmente o día internacional da loita contra o cacro de mama co obxectivo de crear conciencia e promover que cada vez máis mulleres accedan a controis, diagnósticos e tratamentos oportunos e efectivos.

Un ano máis na comarca de Valdeorras súmanse a esta conmemoración e na fachada de Concellos como A Rúa ou O Barco locen xa grandes lazos rosas feitos con globos.

A detección precoz a fin de mellorar o prognóstico e a supervivencia nos casos de cancro de mama, segue sendo a piedra angular da loita contra esta enfermidade que afecta de forma especial a mulleres menores de 45 anos.

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.

 

Lazos rosas no exterior do Concello do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button