ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 103 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Suave descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. Neste 24 de agosto a comarca rexistra un total de 103 casos activos, o que supón 3 menos que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas e actualizados ás 18h. de onte.

O único concello que sobe en casos activos é o da Veiga con 13, 1 máis que onte. Por contra, baixan os casos na Rúa con 29, 1 menos que onte; e no Barco con 51 positivos, 3 menos que onte.

O resto dos concellos repiten os datos de onte: Carballeda de Valdeorras ten 3 positivos, Vilamartín ten 4 positivos, Larouco ten 2 positivos e Rubiá 1 positivo. Os concellos do Bolo e Petín continúan libres de virus.

35 ingresos por Covid na provincia

Lixeiro descenso no número de ingresos por Covid-19 na provincia, cun total de 35, 4 menos que onte, segundo a Consellería de Sanidade (datos ás 18h. de onte), segundo a Consellería de Sanidade. Así no Hospital Público de Valdeorras segue habendo 5 persoas hospitalizadas en planta por coronavirus, as mesmas que onte.

No Hospital Universitario de Ourense hai 19 en planta, 4 menos que onte, e 8 na UCI, a mesma cifra de onte. No Hospital de Verín hai 3 ingresos en planta, a mesma cifra que onte.

Artigos relacionados

Back to top button