ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 105 casos activos de Covid, 5 menos que onte

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeiro descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. Neste 22 de agosto a comarca rexistra un total de 105 casos activos, o que supón 5 menos que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas e actualizados ás 18h. de onte.

O único concello no que se incrementan os datos é Vilamartín con 4 positivos, 1 máis que onte. Por contra, baixan os casos activos no Barco que ten 55 positivos, 4 menos que onte; en Carballeda con 2 positivos, 1 menos que onte; e na Rúa con 29 positivos, 1 menos que onte.

O resto dos concellos repiten os datos de onte: A Veiga rexistra 12 positivos, Larouco ten 2 positivos e Rubiá 1 positivo. Os concellos do Bolo e Petín continúan libres de virus.

Na provincia de Ourense tamén baixan os casos activos nesta xornada, cun total de 728, 30 menos que onte.

36 hospitalizacións na provincia, 1 menos que onte

Leve baixada tamén no número de ingresos por Covid na provincia. Nesta xornada o Hospital Público de Valdeorras continúa con 4 ingresos en planta por Covid, mentres no Hospital Universitario de Ourense hai 21 en planta, os mesmos que onte, e 8 na UCI, a mesma cifra de onte. No Hospital de Verín hai 3 ingresos en planta, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button