ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 107 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen en descenso os positivos de Covid-19 en Valdeorras, pero de forma moi lixeira. Neste 15 de agosto a comarca rexistra un total de 107 casos activos de coronavirus, o que supón 3 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Por concellos, baixan os casos no Barco, con 65 casos activos, 2 menos que onte; mentres que Rubiá, que ata agora tiña 2 casos, queda libre de virus.

Por contra, en Vilamartín as cifras volven repuntar, ao pasar a 5 positivos, 1 máis que onte.

As cifras mantéñense en Larouco que segue con 2 positivos, na Rúa con 32 positivos, na Veiga con 1 e en Carballeda de Valdeorras con 2.

Os concellos do Bolo e Petín continúan libres de virus.

Tamén seguen descendendo os casos activos na provincia de Ourense cun total de 896 positivos.

37 hospitalizacións na provincia

Baixan tamén os datos totais de ingresos por Covid, cun total de 37 ingresos (8 deles en UCI). Así o Hospital Público de Valdeorras continúa con 3 ingresos en planta, mentres o Hospital de Verín rexistra 7 en planta e o Hospital Universitario de Ourense ten 19 ingresos en planta e 8 na UCI, segundo a Consellería de Sanidade (datos actualizados ás 18h. de onte).

Artigos relacionados

Back to top button