ConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 153 casos activos de Covid, 10 menos que onte

Imaxe da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Volven baixar os casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra un total de 153 positivos, 10 menos que onte, segundo os datos (actualizados ás 18h. de onte) feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade.

O único concello que sobe en positivos é Rubiá, con 7 casos activos, 1 máis que onte. Baixan os contaxios activos no Barco con 85 (9 menos que onte), na Rúa con 18 (1 menos que onte) e en Vilamartín con 26 (1 menos que onte).

Os datos mantéñense igual que onte no Bolo con 5 positivos, en Carballeda con 5 positivos, na Veiga con 7 positivos, así como en Larouco e Petín que continúan libres de coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button