CarballedaConcellosÚltima hora

Valdeorras ten 25 casos activos de Covid, tras 1 positivo en Carballeda

Panorámica de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

 

Manteñense as cifras totais de positivos de Covid en Valdeorras. Rexístrase un total de 25 neste domingo 6 de xuño, os mesmos que onte, pero con cambios nos municipios, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Barco contabilízanse 20 positivos, 1 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. En cambio, Carballeda de Valdeorras, que ata o de agora esta libre de virus, ten nesta xornada un positivo.

Na Rúa e en Vilamartín de Valdeorras mantéñense os datos de datos dos días anteriores, con 2 positivos en cada un destes municipios. O resto dos concellos da comarca continúan libres de virus.

Artigos relacionados

Back to top button