A RúaConcellosO BarcoPetínÚltima horaVilamartín

Valdeorras ten 32 casos activos por Covid, 7 menos que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Descenden nesta xornada os casos activos de Covid en Valdeorras. Dos 39 casos activos que había pasa hoxe aos 32, segundo os datos comunicados neste xoves 29 de abril polo Sergas. No caso do Barco hai un positivo menos, é dicir, pasa dos 16 de onte a 15.

Tamén baixa Carballeda de Valdeorras, con 6 positivos, é dicir, 4 menos que onte. Así mesmo, A Rúa quédase con 2 positivos, é dicir, 2 menos que onte.

No resto da comarca mantéñense os datos de onte: Vilamartín segue con 3 positivos, Petín ten 4 e Rubiá 2.

Tres positivos nos centros educativos da comarca

Leve baixada tamén nesta xornada nos casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca. O IES Lauro Olmo e o Colexio Divina Pastora continúan con 1 positivo en cada centro. Sen embargo, o CEIP Manuel Respino da Rúa ten 1 positivo, 1 menos que onte, segundo os datos publicado no listado da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button