CarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínRubiáÚltima hora

Valdeorras ten 39 casos activos de Covid, 2 máis que onte

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira suba de casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca pasa dos 37 positivos de onte a 39 hoxe, segundo os datos comunicados hoxe, mércores 28 de abril, polo Sergas. Ese aumento débese a 2 novos positivos no Barco, que pasa dos 14 de onte aos 16 de hoxe.

No resto da comarca mantéñense os datos de onte: Carballeda de Valdeorras ten 10 positivos, Vilamartín segue con 3 positivos, A Rúa ten 4, Petín outros 4 e Rubiá 2.

Catro positivos nos centros educativos da comarca

Non se rexistran cambios nesta xornada nos casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca. O IES Lauro Olmo e o Colexio Divina Pastora continúan con 1 positivo en cada centro. Ademais o CEIP Manuel Respino da Rúa segue con 2 positivos, pero volveu abrir a aula pechada, segundo os datos publicado no listado da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button