A RúaCarballedaConcellosEn portadaO BarcoPetínÚltima hora

Valdeorras ten 46 positivos por Covid, 1 máis que onte

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Tras o notable descenso de onte na curva do coronavirus en Valdeorras, os datos deste domingo indican unha pequena suba. Así a comarca contabiliza 46 casos activos de Covid, 1 máis que onte, segundo os datos comunicados hoxe polo Sergas.

Ese novo caso rexítrase no Barco, que pasa dos 19 positivos de onte a aos 20 de hoxe. No resto dos municipios mantense a estabilidade, é dicir, repítense os datos do sábado: Carballeda de Valdeorras ten 16 positivos, Vilamartín e Petín continúan con 3 positivos cada un e A Rúa segue con 4 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button