EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras, Trives e Viana entre as comarcas nas que, segundo o OEOU, diminuíu o paro en abril e maio

Ademais, vinte concellos ourensáns presentan cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan no mes de febreiro

 

Segundo o Observatorio Económico Ourensán (OEOU) -iniciativa da Deputación de Ourense para analizar a situación socio-económica da provincia- rexistrouse unha “disminución do paro entre abril e maio en oito comarcas (Valdeorras, Terras de Trives, Viana, Baixa Limia, O Carballiño, A Limia e Celanova) vinteconcellos presentan cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan no mes de febreiro. O paro mantense en Terra de Caldelas e presenta un crecemento inferior a un punto en Allariz-Maceda, O Ribeiro e Ourense.

Analizando os datos dende o mes de febreiro, Baixa Limia “é a única comarca que logra que a súa cifra de desempreados non medre respecto aos rexistrados con anterioridade ao inicio da crise, cun descenso de casi un 5,4 %”. Do resto das comarcas, A Limia, Terra de Celanova, Terra de Trives e Verín “logran que o seu desemprego non suba por riba dos dous díxitos durante a crise”.

 

Número de desempregados rexistrados e evolución por comarcas.

 

Por sectores, dende o inicio da crise, o desemprego no industrial crece en todas as comarcas ourensás, mentres que no da construción e no de servizos prodúcense crecementos do paro rexistrado en todas as comarcas excepto na da Baixa Limia. El sector primario segue sendo a excepción, con decrecemento do paro na maioría das comarcas incluso en comparación co inicio da crise, (situación que se produce concretamente na Limia, Ourense, Terra de Celanova, Verín, Terras de Trives, Viana e Baixa Limia), con crecemento superior aos dous díxitos nas tres últimas.

Segundo os datos do Observatorio 20 concellos presentan ademais cifras de desemprego iguais ou menores ás que tiñan en febreiro de 2020 (5 máis que no mes anterior), entre eles Carballeda de Valdeorras e Vilardevós (0 %); A Veiga (6,06 %); Cualedro (2,52 %) e Vilariño de Conxo (-9,52 %).

 

Desempregados por comarcas e sector de actividade (maio 2020).

Artigos relacionados

Back to top button