En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorras vive a Volta 18 ao seu paso por Larouco

Numerosas persoas agardan xa en Larouco, nun ambiente festivo, o paso da Volta ciclista a España, procendente da comarca trivesa. Pola localidade xa pasou a caravana desta proba e agora agárdase con expectación ao pelotón. Esta será o único municipio valdeorrés por onde pase a Volta, xunto co Bolo.

Os ciclistas entran en Ourense por Vilavella (concello da Mezquita) e percorrerán os municipios da Gudiña, Viana do Bolo (Pradocabalos, San Cibrao, Mourisca, San Mamede, Alto do Covelo), O Bolo (Santa Cruz, Outar de Pregos), Larouco, A Pobra de Trives, San Xoán de Río (Sas de Penelas), Castro Caldelas, A Teixeira (Lumeares), Parada de Sil (Cristosende, Chandrexa, Valado, Caxide) e Nogueira de Ramuín (Cerreda, Luíntra).

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Máis fotos:
https://osil.info/os-vecinos-de-portela-larouco-celebran-a-festa-do-mildeu-coincidindo-co-paso-da-volta/
https://osil.info/a-volta-en-terras-trivesas/

Artigos relacionados

Back to top button