ConcellosÚltima hora

Valdeorras Vive organizará na comarca un intercambio xuvenil a través do programa Erasmus+

Nel participarán mozos de cinco países diferentes e terá lugar do 31 de xullo ao 9 de agosto

Publicidade

 

Baixo o título “Nos zapatos dun peregrino: un reclamo para un turismo sostible”, a asociación xuvenil Valdeorras Vive promoverá nos vindeiros meses de xullo e agosto na comarca un intercambio xuvenil da man do programa Erasmus+.

“Este proxecto pretende afondar na coñecida como educación non formal. Reuniremos durante 10 días a un grupo de 30 mozos de distintos países europeos que convivirán e compartirán unha experiencia de cooperación e intercambio cultural que pretende ser do todo enriquecedora. Realizaranse distintos talleres e actividades en Valdeorras sobre a temática común do Camiño de Inverno e o turismo sostible. Queremos que os participantes reflexionen sobre cal é o impacto do turismo nas comunidades locais, e o poder transformador que teñen para as mesmas, máis alá da repercusión económica do mesmo”, aseguran dende Valdeorras Vive.

Esta asociación, que este no 2020 cumprirá o seu primeiro ano de vida, tamén destaca que esta iniciativa “permitirá impulsar a proxección internacional do Camiño de Inverno mentres os participantes desfrutan dun intercambio que pode supor unha experiencia memorable co potencial de crear vinculos duradeiros”.

Ademais adiantan que os países participantes serán Estonia, Xeorxia, Noruega, Armenia, Ucraína e España, “todos eles co seu respectivo equipo de 5 integrantes”. O intercambio terá lugar do 31 de xullo ao 9 de agosto de 2020.

 

Artigos relacionados

Back to top button