SanidadeÚltima hora

Valdeorras volverá a concentrarse en defensa da área sanitaria tres días antes da manifestación

A concentración terá lugar o mércores 27 de setembro diante do HCV e tamén dalgúns centros de saúde do oriente ourensán

Por quinto mércores consecutivo os veciños do oriente ourensán volverán concentrarse ante o Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) e ante diferentes centros de saúde para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia que contempla a desaparición da área sanitaria de Valdeorras. A concentración, convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras e pola Xunta de Persoal do HCV, está prevista para as doce do mediodía.

Este acto reivindicativo terá lugar tres días antes da manifestación que está convocada para o sábado 30 de setembro no Barco. Comezará ás sete da tarde dende o pavillón polideportivo de Calabagueiros. A marcha percorrerá a estrada xeral da vila ata a praza do Concello.

 

Cartel da manifestación

Artigos relacionados

Back to top button