DeportesEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Lucas Mondelo conquista co Dynamo de Kursk a Copa Rusia de básket feminino

Lucas Mondelo co trofeo da Copa Rusia.

Segue sumando títulos a un palmarés impresionante. Desta volta o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo vén de ganar co Dynamo de Kursk, equipo que dirixe por segunda tempada consecutiva, a Copa Rusia de baloncesto feminino. Impoñíase con autoridade, cun marcador de 85-55, ao MBA Moscow nesta fin de semana.

Este é o segundo título da tempada que este barquense da familia de “Os Careca” logra co Kursk, tras ganarlle na Supercopa de Europa ao Yakin Dogu turco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close