DeportesÚltima hora

O valdeorrés Lucas Mondelo, na Final Four da Euroliga feminina de básket co Kursk

O técnico do Kursk, Lucas Mondelo, ante do partido co Schio en Italia./ Foto: FIB.

Continúa facendo historia. Se hai un mes practicamente aseguraba a presenza da selección española no Eurobásket 2019, agora vén de conseguir o billete para estar na Final Four da Euroliga feminina de baloncesto co club ruso Dynamo de Kursk, equipo que adestra por segunda tempada consecutiva.

Na tarde do pasado 8 de marzo decidíase o seu paso a semifinais nun encontro disputado en Italia fronte ao Familia Schio. Se ben no primeiro e no segundo cuarto o Kursk non conseguía adiantarse no marcador, as cousas mudaban a partir do terceiro cuarto, remontando e finalizando o encontro cun resultado de 60 a 73.

 

Unha das imaxes do encontro entre o Kurk e o Familia Schio, xogado o 8 de marzo./ Foto: FIB.

 

Ademais de clasificarse para a Final Four, hai que resaltar que o equipo de Lucas Mondelo leva toda a tempada invicto e suma un total de 34 partidos sen perder na Euroliga. O Kursk xogará o encontro de semifinais na liga europea na casa fronte ao Ekaterimburgo.

Artigos relacionados

Back to top button