DeportesÚltima hora

O valdeorrés Luis Nogueira, dobre récord na Copa de Clubs Máster, en Ourense

O Adas Proinor vencía na categoría masculina, por diante do C.A. Santiago, e quedaba terceiro na feminina
O atleta valdeorrés Luis Nogueira, tras unha competición.

Os seis mellores equipos galegos de veteranos (por estadillo) dábanse cita na tarde do 23 de decembro na pista de atletismo de Expourense para desputar a I Copa de Clubes Master. No decurso desta competición establecíanse ata 17 novos récords galegos, algúns deles con selo valdeorrés.

Así entre eles destaca o do vilamartinés Luis Nogueira, quen melloraba as marcas de 60 mv (11.86) e de tripe (10,09 m) na categoría M-60. Ademais o seu club, o Adas Proinor, proclamábase vencedor desta competición galega en homes cun total de 56 puntos, ocupando a segunda posición o C.A. Santiago con 49 puntos. No terceiro lugar situábase A Silva con 44 puntos. Os valdeorreses conseguían a vitoria grazas á súa regularidade a nivel xeral xa que só gañarían en tres probas, polas seis dos santiagueses, os segundos clasificados.

Na categoría feminina sería o Club Atletismo Sanmertolameu o vencedor con 51 puntos, estando acompañado no podium por A Silva con 44 puntos e do ADAS-Proinor con 40 puntos. As de Moaña terían en Rosa Ana Santos a unha das súas máis destacadas atletas, gañando para a súa formación as probas dos 60 m.l. e dos 200 m.l.

Artigos relacionados

Back to top button