CulturaCulturaÚltima hora

A valdeorresa Mencía Yano sorprende cun libro sobre os malos tratos

A nova novela romántica de Ofir Enríquez desenvólvese na cidade de Ourense
Portada do novo libro de Mencía Yano.

A pluma de Mencía Yano (Ofir Enríquez) non deixa de escribir e desta volta sorprende ao público cunha historia romántica co transfondo dos malos tratos.

Despois de “Siempre serás mi Julieta” (maio 2017) e da man de Ediciones Coral-GEW, a escritora valdeorresa remataba o ano cunha nova publicación ,dispoñible en edición de papel (15 euros) e tamén dixital (ebook, 4 euros).

Centrada maioritariamente na cidade de Ourense e vilas da contorna como Allariz “Vente conmigo al cielo” é unha historia que, malia estar clasificada dentro do xénero romántico contemporáneo, trata en profundidade o tema da violencia de xénero. “Ten partes moi duras pero a realidade sempre o é moito máis”, explica a propia autora que con este libro quere transmitir positividade “malia o terrible que é a violencia machista”, di, porque “creo firmemente que de todo se pode saír, tamén desta situación”.

Ao longo de 200 páxinas, a novela narra a historia de Ana, unha muller maltratada pola súa parella que consegue reunir forzas para tomar a decisión máis difícil da súa vida: abandonalo. Iso supón comezar de novo noutra cidade cunha nova identidade. Alí nacerá unha nova muller, Mabel, capaz de atopar traballo, novos amigos e ata un novo amor, aínda que o seu maltratador, Andrés, acabará por atopala…

Artigos relacionados

Back to top button