En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorreses no apoteósico concerto co que Springsteen arranca a xira europea

O Campo Nou de Barcelona acollía esta “impresionante” actuación de case catro horas

Cun público entregado dunhas 65.000 persoas, Bruce Springsteen saía ao escenario no Camp Nou na noite do 14 de maio en Barcelona. Soaban entón os primeiros acordes de The River. Así comezaba a xira europea “The River” de The Boss. Entre os privilexiados que puideron desfrutar deste concerto estaban un grupo de valdeorreses, que o calificaron de “impresionante”. Destacaban o bo facer do roqueiro e a súa capacidade de manterse a tope no escenario durante as case catro horas que durou a actuación.

Ademais neste concerto, o público podía desfrutar de pezas que non interpretaba na súa xira americana como é o caso de Darlington County, entre outras.

Nesta galería de imaxes pode verse a dous dos valdeorreses asistentes antes de partir rumbo a Barcelona (autor Carlos G. Hervella) e no resto diferentes momentos deste concerto de Springsteen (imaxes cedidas).

Ver video:
https://osil.info/ao-ritmo-de-born-usa-con-springsteen/

Artigos relacionados

Back to top button