En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Valdeorreses no concerto que abría a xira mundial de AC/DC con Axl Rose en Lisboa

[adv_video_player id=”3″]

A actuación tiña lugar na noite do 7 de maio no Paseio Marítimo de Algés, na capital portuguesa

Unha multitude que rozaba as 60.000 persoas reuníase na noitiña do 7 de maio no Paseio Marítimo de Algés en Lisboa para desfrutar dunha cita moi esperada: a estrea da xira mundial do grupo AC/DC con seu novo cantante Axl Rose. Entre eses milleiros de espectadores había doce valdeorreses, que viaxaban dende O Barco á capital lisboeta a bordo dunha furgoneta alugada para a ocasión.

“Estuvo diluviando todo o día e mesmo tivemos que mercar chuvasqueiros, pero xustamente unha hora antes do concerto, que era ás nove da noite ao aire libre; parou e xa non choveu máis en toda a noite”, comentan. Tamén contan que foi unha moi boa experiencia e que lles sorprendeu para ben o novo cantante, Axl Rose, que substitúe nesta xira a Brian Johnson. “Cambia un pouco pero sorprendeunos como o facía, ademais cantaba sentado nunha cadeira, xa que ten unha perna lesionada, e cantar así é bastante difícil”, destacan.

Esta é a segunda ocasión na que este grupo de doce valdeorreses se despraza para acudir a un concerto desta mítica banda. “A primeira vez foi en Madrid, no Calderón, e dase a circunstancia de que vimos o derradeiro concerto de AC/DC en España con Brian Johnson como cantante e agora o primeiro concerto do debú mundial de Axl Rose con AC/DC”, aseguran. A ese concerto pertence a imaxe número cinco da galería de fotos que acompaña a esta información.

A súa estadía en Lisboa incluía, xa mañá do domingo 8 de maio, un percorrido pola cidade no que pasaban pola céntrica praça do Rossio, tal e como pode verse nas dúas últimas fotos desta galería, tomadas por Carlos G. Hervella. O resto de fotos e o video son cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button