EconomíaEconomíaÚltima hora

Valedor do Pobo e Medio Ambiente asinan un acordo sobre casos de risco de desafiuzamento

Permitirá establecer un marco de colaboración para o intercambio de información para facilitarlle aos afectados unha mellor atención

O Valedor do Pobo e a conselleira de Medio Ambiente, tras a sintura do acordo.

O Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaba na mañça do 29 de maio un convenio de colaboración que “permitirá avanzar no desenvolvemento das distintas medidas en materia de execucións hipotecarias e para garantir o acceso á vivenda”, segundo se informa dende este departamento autonómico.

Vázquez Mourelle e Fernández Rodríguez destacaban que a sinatura desta acordo fai posible establecer un marco de colaboración que permita o intercambio de información para facilitarlle aos afectados unha mellor atención e información sobre os seus dereitos e as actuacións e medidas que ten en marcha o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para paliar estas situacións e ofrecer unha solución o máis rápida posible ás súas demandas.

En base a esta colaboración, o Valedor do Pobo trasladará á Xunta toda a información que teña sobre os diferentes casos de afectados por execucións hipotecarias que lle chegue, co fin de que o IGVS poida informar ás familias e, de ser o caso, comunicarlles a posibilidade de acollerse ás medidas posta en marcha pola Xunta. No caso de que cumpran os requisitos, o IGVS ofreceralle unha vivenda na mesma localidade ou en localidades próximas, en función das dispoñibilidades.

Artigos relacionados

Back to top button