En torno ao medio cento de persoas asistían na tarde deste sábado 6 de novembro ao magosto en Valencia do Sil. Unha tradicional na que non faltou a merenda (empanada, bolo preñado, castañas asadas, e gran variedade de doces), nin tampouco a música, ademais do sorteo dunha bandexa decorativa feita artesanalmente.
O evento estivo organizado pola Asociación San Bernabé (patrón de Valencia do Sil) que está en proceso de constitución e que xa leva máis dun mes facendo actividades (manualidades, pintura, entretemento en xeral) os martes e os xoves.
Fotos cedidas.